Fene. Deporte na Rúa

Un ano máis tivo lugar a celebración do Deporte na Rúa, e xa van XXI edicións. Tirolina xigante, rocódromo, spinning, body pump,orientación, obradoiros de valoración funcional e nutrición, patinaxe, fitness, fútbol americano (modalidade flag), obradoiro de cariocas e mirlitóns, baloncesto de cadeira de rodas, baloncesto 3×3, fútbol sala, balonmán, deportes de raqueta, iudo, pintadas, chave, xogos tradicionais, deporte rural, concurso de carteis e pintadas… son algunhas das propostas que a Concellería de Deportes do Concello de Fene celebrou o domingo, 7 de xullo.

Igmar Ocio encargouse da organización dos xogos infantís tales como foron os inchables e os karts. Foi unha festa moi divertida e animada na que os máis pequeno pasárono moi ben.

Esperamos volver a unha nova edición do Deporte na Rúa do concello de Fene, para nós foi un pracer poder estar presentes.

No hay comentarios todavía.

Deja un comentario