Festival da Chaira de Baltar (A Pastoriza)

O 20 de xullo tivo lugar a VII edición do Festival da Chaira que se celebra no concello lugués de A Pastoriza. Na praia da Riboira, en Baltar e ao carón do Río Miño ten lugar esta festa na que participan diversos grupos musicais. E este ano as actuacións viñeron da man de Milesios, Zënzar, Som do Galpom e Skandalo GZ.

En Igmar Servicios Acústicos fomos os encargados de darlle son e color a este tradicional festival. Foi todo un pracer poder desfrutar da música destes grupos así como da festa que alí se montou.

Esperamos volver moitos máis anos.

No hay comentarios todavía.

Deja un comentario