Festa do Carme en Cerceda

O 21 de xullo asistimos ás festas que se celebran en Cerceda na honra do Carme, o santísimo Sacramento, e a Virxe de Fátima.

Na alameda de Cerceda foi o lugar no que montamos e organizamos a festa infantil destas tradicionais festas, e ata alí desprazamos tres dos nosos inchables: O Castelo de Aladín, os multiobstáculos Cohete e Pallaso; ademais do Toro Mecánico, que foi a gran atracción desta festa.

Un día repleto de actividades infantís na que desfrutaron os máis pequenos, e tamén os que non o son tanto.

No hay comentarios todavía.

Deja un comentario